Este ano, o Clube Mariño Salnés recibiu un convite para colaborar co Festival Xironsa 2020, que organiza anualmente a asociación cultural Xironsa de Cambados no mes de setembro. Até o parque de Torrrado desprazamos a dorna Julicheira acompañados duns paneis realizados para a ocasión con información sobre o Clube e outro sobre as dornas polbeiras ilustrado con debuxos cedidos por Fernando Piñeiro.

En reciprocidade, o CMS enviou un convite para unha saída náutica aos membros da asociación Xironsa que se realizou a finais de setembro.

 Dorna “Julicheira” no parque de Torrado cos paneis ao fondo. Cambados, setembro 2020.

Navegación na Muller de Balboas con representantes da asociación Xironsa.

Dornas do CMS na illa de A Toxa. Travesía coa asociación Xironsa. Illa de A Toxa, setembro 2020.

Fontes: boudevara

In:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *