As embarcacións da asociación

O Clube Mariño Salnés ten varias embarcacións tradicionais en propiedade, das que os socios poden dispoñer para o seu disfrute en forma de labores de mantemento e navegación.

A Julicheira


Tipoloxía: Dorna tradicional.
Subtipoloxia: Dorna polbeira de nove cuartas.
Eslora: 4,80 m.
Manga: 1,70 m.
Puntal: 0,70 m.
Propulsión: Vela de relinga e remos.
Ano de construcción: 2001.
Orixe: Combarro.
Carpinteiros de ribeira: Isidro Mariño e Paco Paxaro.


A Muller de Balboas


Tipoloxía: Dorna tradicional.
Subtipoloxia: Dorna de tope.
Eslora: 5,22 m.
Manga: 2,03 m.
Puntal: 0,53 m.
Propulsión: Vela de relinga e remos.
Ano de construcción: arredor do 1970.
Orixe: O Grove

Restauración: Carpintería de ribeira de Valentín Pérez González.
· Ano da restauración: 2001-2002
· Dirección da restauración: Isidro Mariño
· Outros carpinteiros: Paco Paxaro.

Logo da botadura da Julicheira, primeira dorna do CMS, coincidindo co “V Encontro de EETT de Galicia. Combarro 2001”, encargámoslle a Isidro Mariño (primeiro director da Escola Aixola de Marín) a localización dalgunha dorna de tope para restaurar.

Daquela, ademais da Airexa, quedaban moi poucas. Por sorte apareceu unha no Grove, a piques de ser desarmada por xubilación do seu dono. Gustounos e encargámoslle a Isidro a dirección do proxecto de restauración. Daquela incorporaba motor intraborda e estaba acondicionada para a pesca con nasas.

A restauración realizouse en Combarro, no taller do carpinteiro de ribeira Valentin Pérez González. A restauración da Muller foi o último traballo da carpintería, que pecharía ao rematar, sendo derruida e edificándose no solar un bloque de vivendas. Colaboraron Paco Paxaro (Clube Mariño A Reiboa) e Isidro Mariño. Consistíu na adaptación dunha dorna de tope con motor intraborda preparada para andar ás nasas a unha embarcación a vela tradicional (de relinga).

Posteriormente traladamos a dorna para Cambados, ao taller de Evaristo O Ferreiro para completar a restauración: planchuelas, macho e femias; timón; lastre; e zapata da quilla. Aí se pintou, adquirindo dende o principio a súa característica cor vermella, en diferentes tonos.

A botadura tivo lugar na “II Xuntanza de Embarcación de Cambados” (2002), e dende entón estivo presente en todos os Encontros de EETT de Galicia, e participou en numerosas xuntanzas: Bueu, Combarro, Muros Ons, Ribeira…, e tamén en Francia, nas Festas Marítimas de Douarnenez (2004).


A ÚItima


Tipoloxía: Dorna tradicional
Subtipoloxia: Dorna polbeira
Eslora: 4,55m
Manga: 1,65m
Puntal: 0,60m
Propulsión: Vela de relinga, remos e foraborda.
Ano de construcción: Década de 1980.
Orixe: Ribeira
Carpinteiro de ribeira: Domingo Ayaso, premio artesanía de Galicia 2014.

Restauración:
· Ano da restauración: 2022-2023.
· Fase 1:
· Carpintería de ribeira: obradoiro do Clube Mariño Salnés.
· Traballos realizados: Eliminación pezas en mal estado, recravado (remache en cobre), saneamento da madeira.
· Fase 2:
· Carpintería de ribeira: Astaleiros Garrido (O Grove).
· Traballos realizados: Cambio de cuberta, mamparos, tilla, cadeira, táboas de recoller, panas e estampa de popa.
· Elementos de navegación: Pau, timón, remos.

*Nesta segunda fase contamos coa axuda da Deputación de Pontevedra*


· Fase 3:
· Carpintería de ribeira: obradoiro do Clube Mariño Salnés.
· Traballos realizados: Aplicación de tratamentos para a protección da madeira, imprimación e pintado.

Proxecto de restauración dunha dorna condenada a fojeira. Veu de Rianxo (chejou enteira) pero foi é orixinaria de Palmeira, construida polo mestre carpinteiro Domingo Ayaso Oujo (Aguiño, 1949), Premio Traxectoria nos Premios de Artesanía de Galicia 2014.