Do 14 ó 17 de maio, dende o Clube Mariño Salnés organizamos unha exposición para amosar o proceso de restauración da nosa nova dorna, a Última, facendo coincidir a súa botadura co día das Letras Galegas.
Co obxectivo de poñer en valor a cultura das embarcacións tradicionais de Cambados exhibeuse na praza do Concello, onde se podía ver a dorna e os paneis explicativos da restauración, froito do esforzo dos socios do clube.
Tipoloxía: Dorna tradicional
Subtipoloxia: Dorna polbeira
Eslora: 4,55m
Manga: 1,65m
Puntal: 0,60m
Propulsión: Vela de relinga, remos e foraborda.
Ano de construcción: Década de 1980.
Orixe: Ribeira
Carpinteiro de ribeira: Domingo Ayaso, premio artesanía de Galicia 2014.
Restauración:
· Ano da restauración: 2022-2023.
· Fase 1:
· Carpintería de ribeira: obradoiro do Clube Mariño Salnés.
· Traballos realizados: Eliminación pezas en mal estado, recravado (remache en cobre), saneamento da madeira.
· Fase 2:
· Carpintería de ribeira: Astaleiros Garrido (O Grove).
· Traballos realizados: Cambio de cuberta, mamparos, tilla, cadeira, táboas de recoller, panas e estampa de popa.
· Elementos de navegación: Pau, timón, remos.
*Nesta segunda fase contamos coa axuda da Deputación de Pontevedra*
· Fase 3:
· Carpintería de ribeira: obradoiro do Clube Mariño Salnés.
· Traballos realizados: Aplicación de tratamentos para a protección da madeira, imprimación e pintado.
Proxecto de restauración dunha dorna condenada a fojeira. Veu de Rianxo (chejou enteira) pero foi é orixinaria de Palmeira, construida polo mestre carpinteiro Domingo Ayaso Oujo (Aguiño, 1949), Premio Traxectoria nos Premios de Artesanía de Galicia 2014.
El director del proyecto y coordinador de la muestra, Xaquín Cuíñas explicó que llegó en muy mal estado, tanto que “nalgún momento barallamos non acometelo porque era moi complexo –somos unha asociación pequena de recursos limitados–, pero ao final afrontamos e reto e aquí está”. El proceso duró año y medio e implicó a todos los socios, algo que destacó Cuíñas, además de que se trata “dun patrimonio marítimo que nos compete a todos e temos un poco a obriga de preservalo porque forma parte da nosa cultura”.
Diario de Arousa
La actividad, que pretende poner en valor la necesidad de cuidar el patrimonio marítimo y cultural, se enmarca dentro de los actos del 25 aniversario del Clube Mariño Salnés.
Faro de Vigo
A Última foi unha donación realizada ao Club Mariño O Salnés. O seu anterior dono sabía ben a quen lle entregaba a súa dorna: malia o mal estado no que se atopaba a pequena embarcación, as persoas que integran este colectivo non dubidaron en afrontar a súa restauración. Levoulles tempo -ano e medio de traballo- e levoulles, tamén, suor. Pero agora A Última está lista, e a intención do club é poder botala ao mar moi pronto.De momento, o vindeiro domingo convertirase en protagonista dunha mostra organizada para amosar o proceso de restauración que permitiu devolverlle a forma. A propia dorna será o exio dunha exposición composta por oito paneis de fotografías que documentan todos os pasos dados. Con ela, o Club Mariño O Salnés súmase á programación do Día das Letras e celebra, tamén, o seu 25 aniversario.
La Voz de Galicia
Deixa unha resposta