No Clube Mariño Salnés non deixamos de traballar nas nosas embarcacións, neste caso no noso buque insignia, A Muller de Balboas, que despois de moitas millas de navegación precisaba dalgún que outro arranxo.
As tarefas de mantemento e posta a punto non serían posibles de non ser pola inestimable colaboración da Deputación de Pontevedra, que nos concedeu os fondos que precisabamos a través do programa de subvencións dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para a recuperación e posta en valor do patrimonio marítimo e fluvial.
Traballos de carpintería de ribeira
1. Despintado integral
Mans á obra, o primeiro paso foi despintar completamente o casco para permitir revisar o estado actual da embarcación, valorando dun xeito máis conciso as táboas, cadernas e elementos estruturais en mal estado.
Traballos de carpintería de ribeira
2. Saneamento do quillote de ferro lastrado
Levouse a cabo a restauración do quillote de ferro lastrado co que conta a embarcación para a seguridade na navegación, procedeuse ao desmonte
para o seu saneamento con chorro de area e aplicación da nova imprimación, posteriormente colocouse novamente aplicando un selo protector para previr a corrosión dos pernos e o podredoiro da madeira.
Traballos de carpintería de ribeira
3. Substitución de táboas do forro en mal estado
Unha vez asentado de novo o quillote continuouse reparando o forro da embarcación retirando as táboas en mal estado e arranxando as que non era
preciso retiralas completamente, as táboas do forro son de madeira de pino país, cortadas por encargo do mestre carpinteiro de ribeira na lúa minguante
de novembro, foron secadas de xeito natural, de este xeito a madeira será de maior calidade e lonxevidade.
Traballos de carpintería de ribeira
4. Reparación de cadernas en mal estado
Realizase arranxos e cambios nas cadernas que o precisan na dorna, pois estás son as orixinais da construción, que con certeza teñen medio século.
Trócanse e volvese a protexer con unha mestura de minio e aceite a cal permite unha conservación adecuada da estrutura interna da dorna.
Unha vez a estrutura interna e as táboas foron arranxadas, procedeuse ao recravado da dorna, empregando tirafondos de aceiro inoxidable formato A4 en aleación 316, indicada para o contacto coa auga salgada.
Traballos de carpintería de ribeira
5. Calafateado e masillado de xuntas
Unha vez realizada a labor de restauración da embarcación procedese a protexer por completo a embarcación, segundo a zona da embarcación
aplicase un tratamento especifico, para o casco exterior, destinguise a zona que queda somerxida no mar chamada obra viva e para a outra se coñece
como obra morta.
Ambas se tratan con funxicidas e imprimacións, sendo na obra morta aplicada pintura en dúas capas e na obra viva patente, un produto especifico para os cascos das embarcacións que ten o obxectivo de evitar a incrustación de elementos vivos mariños.
Traballos de carpintería de ribeira
6. Tratamentos da madeira
Durante este proceso, se procede a técnica de calafatear as unións e xuntas da madeira nas cales se produce un certo movemento cos cambios de humidade nas táboas do forro, empregase un fío de estopa de cáñamo ou nailon segundo o estado da embarcación, mediante uns instrumentos de ferro e un martelo especifico para evitar a entrada de auga e dotar de flexibilidade a xunta entre os “bances”.
Esta técnica daba nome a un oficio, o do “calafate”, persoa que se adicaba o selado do casco das embarcacións de madeira ao longo de toda a costa da
provincia.
En outras xuntas, se emprega a masilla para exercer dita función, en este caso se empregou unha masilla de epoxi para prolongar a vida útil do selo da xunta.
Para a cuberta e mamparos da dorna empregouse funxicida, aplicando a posterior dúas mans de unha mistura de aceite de liñaza con lasur, para
protexela da humidade e do sol.
Traballos de velería
1. Fabricación da nova vela de relinga.
A fabricación da nova vela de relinga foi realizada no taller de velaría de Vilagarcía, fabrican dende fai décadas case a totalidade das velas para as
embarcacións tradicionais galegas, realizouse a medida para a embarcación, modificando as dimensións da anterior axustando a lonxitude e forma do arrastre, como se coñece no dialecto tradicional ao puxamen.
Deixa unha resposta