Terceira proba da liga de primavera organizada pola asociación Lajareu por Barlovento. De novo, día de vento, intenso, onde se tomou a decisión de “coser un riss” obligatorio.

Algúns novatos tomaban nota de xente con experiencia como Xaime e Fontaíña.

O percorrido sería dende a praia de Coroso: Desmarque / Lajareu / Camouco / Lajareu / Camouco / Entrada.

Cun vento de 15 nós de compoñente Noroeste e gracias a un bo campo de regatas desfrutaríase de unha “carreira” das mais competidas.

Saída, como de costume espectacular da Zoa, en primeira posición bolinando hacia a boia de desmarque perseguida polo AbueloTucho a menos de dúas esloras liderarían os primeiros intres da regata, pero unha Arisco moi veloz non perdía barlovento e colocábase primeira na boia de desmarque.

Subindo con vara de portar a Lajareu xuntaríase prácticamente toda a frota, coa Xaimiña, que non perdoa nunca, metendo a proa entre os primeiros postos, Zoa, Cortegada e AbueloTucho loitando coa Arisco por coller o primeiro posto.

En Lajareu tocaba trasluchar, poñer “popa redonda” e comezarían os desventes e bailes de posicións, Zoa planeando e adiantando a case todos, Xaimiña escapándose en primeira posición. Lixeiriña e Selosa facendo unha remontada que nin o Real Madrid na época dos galácticos, perseguidos por Praia de Bandourrio Fiuza e Teis.

Unha vez en Camouco sen vara de portar, e coa frota máis xunta todavía, tocaba bolinar. Imposible determinar os postos xa que os adiantamentos eran constantes, pero unha táctica inmellorable de Ramón en Fran na Selosa, cunha acertada virada conseguiría coller a primeira posición e non soltala. Nese momento bolinaban moi pegadas Zoa, Xaimiña, AbueloTucho e Arisco.

De volta en Lajareu tocaba poñer rumbo de novo ó Camouco, a Selosa continuaba escapada, de feito, Ramón quedou sen puntos no carnet por exceso de velocidade, o resto da frota observaba como se facía cada vez máis pequena pola distancia que ía gañando.

Despois do segundo e último paso por Camouco, continuaba unha dura loita entre as 4 seguintes dornas, pero nesta ocasión xa con rumbo a meta, bolinando. A Selosa decideu nesta ocasión virar pronto e deixar a Illa dos Ratos polo norte, o resto, meteríanse entre Illa dos Ratos e Coroso, mirándose de reollo os uns ós outros xa que entre a segunda e a quinta posición non había máis 5 esloras, de feito, na manobra de Camouco a piques estiveron Arisco, Zoa, Xaimiña e Abuelotucho de tocarse (con agarimo sempre).

Este último tramo da regata sería o máis decisivo, unha boa bolina do AbueloTucho e un bo paso entre as pedras da Illa dos Ratos daríalle a victoria xa que a Selosa, de tanta velocidad tivo un problema técnico que non lle permiteu finalizar a regata. Zoa, con Charly e Carlos entrarían en meta de segundos despois de que a Xaimiña tivese que facer dúas manobras no paso da Illa dos Ratos, pero unha xenial táctica de Geno e Luis daríalle o cuarto posto despois dunha gran remontada. Arisco, que colleu unha pequena encalmada perdería os postos de cabeza e despois de amosar unha gran pericia por parte da tripulación acadaría a quinta posición seguida da Cortegada.

A clasificación foi a seguinte:

  • 1. ABUELOTUCHO
  • 2. ZOA
  • 3. XAIMIÑA
  • 4. LIXEIRIÑA
  • 5. ARISCO
  • 6. CORTEGADA
  • 7. CARANCEIRA
  • 8. PRAIA DE BANDOURRIO
  • 9. SELOSA
  • 10. FIUZA
  • 11. TEIS

DESPOIS DESTE RESULTADO E CO PERMISO DA SELOSA, APRÉTASE A CLASIFICACIÓN A FALTA DE DÚAS REGATAS. Todo pode pasar todavía.

Seguinte evento, o vindeiro sábado 25 de maio.

In:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *