Última regata da liga de primavero despois de cancelar o evento anterior por mor dunha meteoroloxía adversa.

Asemellaba a simple vista algo de presión e miradas de reollo entre os pretendentes para facerse coa copa, eran varias as embarcacións con opcións, sempre que a Xaimiña o permitise, xa que nese momento lideraba a clasificación.

Con vento de compoñente NE a organización colocaría unha boia de desmarque para iniciar a regata, e, posteriormente, poñer rumbo ó Camouco, ás Airoas e de volta a Coroso.

10 minutos! 5 minutos! 1 minuto! SAÍDA!!! E bolinando, rumbo á boia de desmarque habería diferentes tácticas, algunhas dornas sairon amuradas a estribor e outras a babor, moitos cruces entre ambos convois, algún que outro pequeno susto por axustar demasiado e bailando posicións constantemente.

Rumbo ó Camouco a Xaimiña lideraría a frota perseguida por Zoa e AbueloTucho a poucas esloras. Agora ben, Lixeiriña, Papoula e Cortegada loitaban por achegarse á Ardentía, embarcación composta por pai e filla, Jose María e Sara, sempre que este patrón sae o mar todo o mundo é consciente que vai ser difícil pasalo.

Un pouco máis por popa, rumbo ás Airoas viña como un foghete a Selosa, remontando postos sen parar, amosando a toda a frota que non estaba disposta a renunciar na loita por levarse o campeonato, xa que estaba a 1 punto e era unha das claras favoritas.

Pero un xiro nos acontecementos tras dobrar ás Airoas cambiaría por completo a clasificación, Zoa, cunha maxistral manobra de Charli e Carlos adiantaría á Xaimiña, ésta cambiaría a táctica e decide non costear pola praia do Touro e buscou mais vento virando rumbo á Rúa para despois virar e entrar con máis velocidade na meta, AbueloTucho seguía terceiro pero de repente, coma por arte de maxia aparece a Selosa nos postos de cabeza. Pindirucha, embarcación patroneada por Santi con Lucía de proel, navegaba preto da “Última” patroneada por Dolores con Eduardo, dornas que forman parte da frota do Clube Mariño Salnés.

Finalmente, entraría primeira a Zoa, seguida do AbueloTucho, e entrando de terceira a Lixeiriña coa Selosa cuarta, comentan que foi moi difícil determinar quen quedou terceiro e quen cuarto, polo que a organización tivo que usar o VAR e o ollo de falcón (falcón a ave, non o avión do presidente). Papoula, con Carlos Otero e Jorge Ramos entrarían en sexta posición, loitando ata o final. por diante da Cortegada, Fiuza e Ardentía.

Tan nivelada e intensa foi a competición que Zoa e Selosa empataron a puntos na terceira posición, e entre as 4 primeiras dornas solo houbo 3 puntos de diferencia, polo que se decidiu todo nesta última proba.

Foi unha regata moi intensa, con moitos cambios de posición onde se fixo valer a gran experiencia da tripulación da Zoa, cunha Xaimiña que perdoou un par de posicións en contra de todo prognóstico, coa Papoula metendo a proa e amosando que non se ía deixar adiantar con facilidade, e cun gran susto final para as dornas de cabeza coa aparición da Selosa que avanzaba con gran celeridade deixando ben claro que será unha das dornas a ter en conta de cara a tempada de verán.

CLASIFICACIÓN FINAL DA LIGA DE PRIMAVERA:

In:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *