Durante a xornada de hoxe os socios do Clube Mariño Salnés puideron ver en exclusiva e en forma de adianto á súa presentación oficial o documental “As voces do mar”, producido por Piruleta Vermella.

Neste acceso en primicia aqueles máis implicados no proxecto, como son os socios do clube puidose observar o traballo destos últimos meses de producción. Foron moitas as rodaxes realizadas e aumentouse a implicación e traballo por tódalas partes xa que a medida que se comentaba o proxecto tiña cada vez máis interese pola xente do noso pobo.

Agardamos poder pronto proxectalo de forma pública no pobo de Cambados e poder ter a oportunidade de presentar a peza en diversos eventos do ámbito.

In:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *