Recuperando unha tipoloxía esquecida
O proxecto de recuperación da gamela de Cambados, iniciado xa hai máis de 25 anos, logrou rescatar do esquecemento unha parte fundamental do patrimonio marítimo galego. Grazas a este esforzo, agora existen planos detallados e un medio casco que inmortalizan esta embarcación única, desaparecida hai preto de 80 anos. Estes recursos permiten que calquera astaleiro poida construír unha réplica exacta, asegurando así a preservación desta tipoloxía para as xeracións futuras.
A cutrametraxe documental “As voces do mar”, condensa un cuarto de século de esforzos para rescatar a gamela de Cambados, unha embarcación tradicional única que estaba a desaparecida dende os anos 50.
Cartaz e recursos gráficos de Patricia Núñez
Curtametraxe documental, As voces do mar.
O documental “As voces do mar” estreouse o 25 de xaneiro de 2025 no Auditorio de Cambados, presentando unha visión condensada do proxecto de recuperación da gamela. Cunha duración de preto de media hora, a peza audiovisual recolle entrevistas a figuras clave como Adela Leiro, responsable da recoleción de arquivos históricos nun proxecto da Cofradía de Cambados, e Rubén Tojés, un mariñeiro que achegou valiosos coñecementos técnicos sobre estas embarcacións tradicionais. Ademáis na peza aparecen persoas que participaron na labor de investigación e confección dos planos e medio casco coma Xaquín Cuíñas, Pepe Garrido ou Ramón Albert.
O filme non só serve como rexistro histórico, senón tamén como ferramenta para visibilizar o proxecto e inspirar a outras comunidades a preservar o seu patrimonio marítimo.
A estrea da peza
O 25 de Xaneiro de 2025 se estrea a peza documental no Auditorio da Xuventude de Cambados, mediante o apoio da Concellería de Ensino Cultura e Patrimonio. Unha xornada na que o clima non axudaba á que a xente soltara a manta, pero que finalmente causou sorpresa a afluencia de espectadores para todos os organizadores do evento.
Unha ocasión na que non deixamos pasar a oportunidade de mostrar de cerca o patrimonio inmaterial recuperado, poñendo nas mans dos interesados os planos e o medio casco obtidos no proceso, resolvendo de primeira man as dudas dos máis curiosos. Unha gran experiencia na que non olvidaremos o afecto de todos os que se achegaron.
O proxecto non remata todavía
Malia o éxito na recuperación dos planos e a documentación da gamela de Cambados, no Clube Mariño Salnés mantemos a ilusión de construír un exemplar real desta embarcación tradicional. Para acadar este obxectivo, dende a asociación seguimos na procura de apoio das administracións e esperamos que o documental “As voces do mar” sirva como catalizador para mobilizar recursos e concienciar sobre a importancia deste patrimonio. Dende o clube facemos un chamamento á comunidade para participar neste esforzo colectivo, convidando a todos os interesados a ver o documental e a considerar a posibilidade de proxectalo nas súas localidades, fomentando así unha maior concienciación sobre a preservación da cultura marítima galega.
Aparicións na prensa
Créditos
AS VOCES DO MAR SON
José Pérez
Evaristo Piñeiro
Xaquín Cuíñas
Iago Pillado
Adela Leiro
Santiago Fernández
Ramón Albert
Ramón de Cabo
Rubén Vázquez
Pepe Garrido
Rubén González
UNHA IDEA ORIXINAL DE
Manuel Paz
DIRECIÓN
Javier Lorenzo
MONTAXE
Xoan Vidal
FOTOGRAFÍA E ETALONAXE
Diego Lorenzo
AXUDANTE DE FOTOGRAFÍA
Nayara Núñez
PRODUCCIÓN
Piruleta Vermella
Avelaíña
DESEÑO DE TÍTULO
Patricia Núñez
EDICIÓN MÚSICA E SON
Diego de Coo
“Don’t Wait”
Composición: Karolis Biveinis
Interpretación: Karolis Biveinis, Luis Caballero
Agradecementos:
Concello de Cambados, Astaleiros Garrido, Taller de Velería e Laurent Sails, Teltek Video Research.
Agradecementos especiais a todos os integrantes do Clube Mariño Salnés, que dende o 1998 puxeron todo de seu para recuperar unha parte da nosa historia.
Deixa unha resposta