Lajareu por Barlovento, mítica asociación na Ría de Arousa, en Ribeira, organiza anualmente a liga de primavera, este ano comezando a primeira proba o 13 de abril. Os partes meteorolóxicos anunciaban un día de calma borrada, e menos mal que erraron por completo tódalas previsións. Ventos por enriba dos 12-13 nudos fixeron que as tripulacións se esforzasen ó máximo.

Notouse no ambiente moita ilusión e gañas de darlle salitre as embarcacións, algunas delas cun gran “lavado de cara”, como a Voandeira da illa de Arousa ou o renovado AbueloTucho, sen olvidarse do gran traballo que fixeron Fran e Ramón coa Selosa, dorna que comeza pisando forte amosando un gran potencial.

Zoa e Xaimiña, dornas que xogaban na casa xa se situaban na liña preparándose para coller os postos de cabeza. No momento en que Adelino deu o bocinazo de saída houbo un pequeno contratempo con cruces na bolina hacia a boia de desmarque pero nada que non arranxe unha man de lixa e un pouco de lasur ou alquitrán.

Xaimiña, patroneada por Xaime e co gran Fontaíña como tripulante, que deixou a súa dorna en boxes para competir na embarcación do seu compañeiro de asociación, gran favorita, despois de levar o subcampeonato no ano 2023, non perdoou e situose primeira na liña de saída, primeira no desmarque… e así ata a liña de chegada.

O bordo hacia o desmarque foi complicado, con bastante vento acompañado dos característicos roles na praia de Coroso que obrigan ós participantes a estar moi atentos.

Subindo con vento en popa hacia ó Camouco, Xaimiña, Papoula, Selosa e AbueloTucho lideraban a frota xunto coa Ardentía. Un segundo pelotón coa Lixeiriña, Teis e Voandeira tendo a Cortegada que ía a poucas esloras da Praia de Bandourrío perseguían navegando en convoi a menos de 10 esloras da Ardentía. Formaban un terceiro pelotón no que Zoa, Caranzeira e Gallofeira, perseguidas pola Volandeira cerraban a lista de dornas participantes. Foi moi bonito ver como unha tripulación cambadesa participaba cunha embarcación Ribeirense, gran mostra do bo ambiente entre as asociacións da Ría de Arousa.

Cabe destacar neste día a participación de Alex (acompañado por unha gran navegante e mestra como é Dolores) novo dorneiro que se estrenou nun día tan complicado cunha fermosa dorna como é a Gallofeira, de seguro que se escoitará falar moito no futuro deste patrón e dorna!

A clasificación foi a seguinte:

  • 1. XAIMIÑA
  • 2. ABUELOTUCHO
  • 3. SELOSA
  • 4. LIXEIRIÑA
  • 5. PAPOULA
  • 6. TEIS
  • 7. VOANDEIRA
  • 8. CORTEGADA
  • 9. PRAIA DE BANDOURRIO
  • 10. ZOA
  • 11. CARANZEIRA
  • 12. GALLOFEIRA
  • 13. VOLANDEIRA
  • 14. ARDENTÍA

A próxima cita será o sábado 27 de abril se o tempo o permite.

In:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *