Sen dúbida, un dos maiores retos que afrontamos é manter, ano tras ano, a actividade e a motivación pola nosa labor no clube. O ano 2023 foi un ano moi especial para a asociación, no que se cumpriron 25 anos da súa fundación, neste artigo resumimos todos os proxectos e actividades que levamos a cabo no pasado ano.
Táboa de contidos da publicación.
- 1. Restauración, exposición e botadura da dorna ‘Última’
- 2. Recravado e arranxos na dorna ‘A muller de Balboas’
- 3. Avances na recuperación da tipoloxía ‘Gamela de Cambados’
- 4. Creación dun repositorio multimedia para os socios do Clube Mariño Salnés
- 5. Desarrollo desta nova páxina web, cms.gal
- 6. Recuperación da Regata do Albariño
- 7. Taller de elaboración de estrobos
- 8. Visita a Cortegada cos compañeiros de Rompetimóns
- 9. Sorteo de Nadal
- 10. Actividades doutros colectivos nas que participamos
1. Restauración, exposición e botadura da dorna ‘Última’
Finalización dun dos proxectos máis esixentes, e tamén fermosos, da asociación, a recuperación da dorna Última, unha dorna do mestre Domingo Ayaso, premio artesanía de Galicia 2014.
Publicación relacionada: Exposición sobre a restauración da Última.
2. Recravado e arranxos na dorna ‘A muller de Balboas’
No Clube Mariño Salnés non deixamos de traballar nas nosas embarcacións, neste caso no noso buque insignia, A Muller de Balboas, que despois de moitas millas de navegación precisaba dalgún que outro arranxo.
Publicación relacionada: Restauración da dorna “A muller de Balboas”.
3. Avances na recuperación da tipoloxía ‘Gamela de Cambados’
O proxecto da recuperación da Gamela de Cambados é un dos obxectivos fundacionais da asociación, despois das dúas primeiras fases (ver publicación relacionada) xa temos o medio casco e os planos, co que calquera mestre de carpintería de ribeira podería realizar a construcción dunha nova embarcación.
Publicación relacionada: Proxectos.
4. Creación dun repositorio multimedia para os socios do Clube Mariño Salnés
Ca fin de preservar o patrimonio inmaterial do Clube Mariño Salnés, construimos un repositorio virtual no que albergar todos os documentos gráficos e videográficos da asociación, dando a posibilidade a todos os membros do clube a aportar as súas imaxes e consultar o arquivo.
5. Desarrollo desta nova páxina web, cms.gal
Ca fin de mellorar as ferramentas para a divulgación da cultura marítima galega traballamos en facer a nosa propia páxina web baixo o dominio .gal, na que poder compartir os nosos proxectos, publicar a nosa hemeroteca e as novas relacionadas con traballos e eventos do sector.
6. Recuperación da Regata do Albariño
Ca edición XI da Regata do Albariño recuperamos a emblemática regata do concello de Cambados, na que primou o bo ambiente por riba do vento, unha festa que recordar. Xa a estamos a preparar de cara á tempada 2024!
7. Taller de elaboración de estrobos
Sempre que se nos ocurre algún xeito de facer prevalecer o coñecemento tratamos de xuntar os medios para levalo a cabo. Desta vez algúns socios compartiron os seus métodos para facer estrobos para os remos.
Publicación relacionada: Taller de elaboración de estrobos.
8. Visita a Cortegada cos compañeiros de Rompetimóns
Cando temos a oportunidade de compartir a nosa paixón cas demáis asociacións do sector non deixamos pasar a ocasión. Neste caso visitamos a illa de Cortegada cos compañeiros da asociación Rompetimóns, un evento realmente interesante na que se estreitaron lazos, compartimos bos momentos e surxiron novos plans de cara ó 2024.
9. Sorteo de Nadal
O sorteo de fin de tempada é unha importante fonte de ingresos para Clube Mariño Salnés, agradecemos moito o apoio dos veciños e dos comercios locais que temos todos os anos, sen dúbida, unha actividade que aporta moito á asociación.
10. Actividades doutros colectivos nas que participamos
A mellor forma de dar visibilidade á cultura marítima de Galicia é que as asociacións se apoien entre elas, a participación nos eventos que organizan os compañeiros doutros colectivos é esencial, ademáis de que estamos encantados de facelo e o pasamos estupendamente!
Participamos nesta morea de eventos e además, temos a sorte de ter na nosa asociación ós subcampeóns da Copa Mörling de dornas de Galicia, da man da tripulación da dorna ‘Abuelo Tucho’.
- 10 xuño Arribada Gaélica
- 17 xuño – XIV Regata do Sepelo -1a Proba puntuable II Copa Mörling
- 24 xuño – XXXVIII Volta á Arousa
- 1 xullo – Regata do Salnés – 2a proba puntuable II Copa Mörling
- 15 xullo – Triángulo do Cantiño / Homenaxe a Parada – 3a proba puntuable II Copa Mörling
- 22 xullo – XXXIV Regata dos Faros – 4a proba puntuable II Copa Mörling
- 3, 4 e 5 agosto – XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
- 12 agosto – XVIII Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña
- 19 agosto – XXXIII Triángulo do Bao
- 25 e 26 agosto – XXVII Concentración de EETT de Combarro e 5a proba puntuable Copa Mörling
- 9 setembro – I Regata Cabo de Mar – 6a proba puntuable II Copa Mörling
- 16 setembro – X Regata Dornas a vela “Camping Miami”
- 30 setembro – XV Regata Porto Meloxo
- 7 outubro – Regata do Marisco, dornas a vela
- 8 outubro – Desafío a remos
Deixa unha resposta