Introdución Despois de meses de traballo intenso, a restauración do loro “Jipi” está a piques de rematar. Esta emblemática embarcación tradicional de Cambados, recuperada polo Clube Mariño Salnés grazas ao apoio da Deputación de Pontevedra, conta agora coa renovación de varios dos seus elementos estruturais. Os socios do CMS ultiman os últimos detalles: o tratamento…
Recuperando unha tipoloxía esquecida O proxecto de recuperación da gamela de Cambados, iniciado xa hai máis de 25 anos, logrou rescatar do esquecemento unha parte fundamental do patrimonio marítimo galego. Grazas a este esforzo, agora existen planos detallados e un medio casco que inmortalizan esta embarcación única, desaparecida hai preto de 80 anos. Estes recursos permiten…
Nesta primeira edición da Festa Mariñeira, tivemos a fortuna de contar coa presenza do artesán cesteiro Enrique Táboas Padín (Sanxenxo, Pontevedra). Táboas contribuíu coa exhibición dun oficio estreitamente ligado ao mar, achegándonos a un fragmento esencial do noso patrimonio cultural e económico. Na Praza do Con, este experimentado cesteiro mostrou unha ampla colección de patelas…
Sen dúbida, un dos maiores retos que afrontamos é manter, ano tras ano, a actividade e a motivación pola nosa labor no clube. O ano 2023 foi un ano moi especial para a asociación, no que se cumpriron 25 anos da súa fundación, neste artigo resumimos todos os proxectos e actividades que levamos a cabo…
Nesta ocasión traemos un vídeo no que explicamos como facer estrobos para remos de dúas formas diferentes: con e sen costura. Créditos gravación: Diego Lorenzo
Do 14 ó 17 de maio, dende o Clube Mariño Salnés organizamos unha exposición para amosar o proceso de restauración da nosa nova dorna, a Última, facendo coincidir a súa botadura co día das Letras Galegas. Co obxectivo de poñer en valor a cultura das embarcacións tradicionais de Cambados exhibeuse na praza do Concello, onde se…