Nesta primeira edición da Festa Mariñeira, tivemos a fortuna de contar coa presenza do artesán cesteiro Enrique Táboas Padín (Sanxenxo, Pontevedra). Táboas contribuíu coa exhibición dun oficio estreitamente ligado ao mar, achegándonos a un fragmento esencial do noso patrimonio cultural e económico. Na Praza do Con, este experimentado cesteiro mostrou unha ampla colección de patelas…
Esta publicación foi realizada para a Web do CMS con motivo da cesión permanente da embarcación por parte do seu último armador, Fernando Pombo Rodríguez, a favor da asociación Vela Tradicional Cambados. A Fernando Pombo e a toda a familia de Tito Silva, moitas grazas. Un pouco de historia. A Orixe: Dous Cuñados Esta senlleira…
No Clube Mariño Salnés non deixamos de traballar nas nosas embarcacións, neste caso no noso buque insignia, A Muller de Balboas, que despois de moitas millas de navegación precisaba dalgún que outro arranxo. As tarefas de mantemento e posta a punto non serían posibles de non ser pola inestimable colaboración da Deputación de Pontevedra, que…
Nesta ocasión traemos un vídeo no que explicamos como facer estrobos para remos de dúas formas diferentes: con e sen costura. Créditos gravación: Diego Lorenzo
Do 14 ó 17 de maio, dende o Clube Mariño Salnés organizamos unha exposición para amosar o proceso de restauración da nosa nova dorna, a Última, facendo coincidir a súa botadura co día das Letras Galegas. Co obxectivo de poñer en valor a cultura das embarcacións tradicionais de Cambados exhibeuse na praza do Concello, onde se…